viernes, 8 de noviembre de 2013

DE TECEDORES A CONSTRUCTORES!

COMEZAMOS A MAÑÁ
ATENDENDO A LOLA E LUCAS
POIS VIÑERON PREPARADOS PARA AMOSARNOS
UN CONTO E UN GLOBO TERRÁQUEO:


A HISTORIA QUE NOS PROPUXO LOLA INVITABA A VISITAR
AUSTRALIA (COÑECIMOS UN MONTÓN DE ANIMAIS NOVOS PARA NÓS) 
E QUE MELLOR QUE SITUALA NO GLOBO TERRÁQUEO DE LUCAS 
PARA SABER SE NOS QUEDA MOI LONXE
 E COMO PODERÍAMOS VIAXAR...

APROVEITAMOS PARA SITUAR ESPAÑA, PORTUGAL E....

LONDRES

 NESTA CIDADE QUE ESTAMOS A VISITAR
HAI UNHA PONTE QUE NOS CHAMOU MOITÍSIMO A ATENCIÓN:

" A PONTE DAS TORRES"


UNHA PONTE LEVADIZA QUE SE LEVANTA 
PARA QUE AS GRANDES EMBARCACIÓNS POIDAN CRUZAR O RÍO TÁMESIS.

OS TECEDORES ATREVÉRONSE HOXE A CONSTRUIR ESTA PONTE

 
 
 
 

 MIRADE E COMPARADE!
POR CERTO, SOUPEMOS QUE DA BOA SORTE 
VER A ELEVACIÓN DA PONTE , OBSERVADE....

SORTE PARA TODOOOS!


2 comentarios:

  1. Menuda obra de enxeñaría!! Como non vos contrataron a vós para facer a ponte de Noia? Seguro que xa estaba rematada!

    ResponderEliminar
  2. E VAIA TRABALLO EN EQUIPO!!!! UNHA EXPERIENCIA XENIAL!!
    SAUDIÑOS INÉS!

    ResponderEliminar