jueves, 7 de noviembre de 2013

COSER E CANTAR!

ESTA SEMANA NO

"TALLER DOS FIOS"

COMEZAMOS  UNHA NOVA SECCIÓN....

- COSER E CANTAR -

NESTA NOVA AVENTURA, OS TECEDORES DE HISTORIAS
IMOS CREAR COSENDO... CANCIÓNS!

CANCIÓNS RELACIONADAS CON :
PRENDAS DE VESTIR, UTENSILIOS QUE SE EMPREGAN 
PARA TECER... E TODAS AQUELAS QUE SE VOS POIDAN OCURRIR
QUE TEÑAN NAS SÚAS LETRAS ALGUNHA PALABRA
 QUE VOS LEMBRE A ACCIÓN DE TECER.
(FAMILIAS!!!!! SE VOS LEMBRADES DE ALGUHNHA CANCIÓN
QUE TEÑA ESTAS CARACTERÍSTICAS, POR FAVOR FACÉDEME CHEGAR A LETRA 
E TRABALLAREMOS CON ELA NESTA NOVA SECCIÓN)

OS TECEDORES COMEZAMOS HOXE ESTA NOVA MISIÓN:

COSENDO E CANTANDO.....
" DEBAJO DE UN BOTÓN"

ELABORAREMOS UN LIBRO-CANCIÓN EMPREGANDO 
MATERIAIS TECEDORES:
-CAMBIAMOS AS PINTURAS E OS FOLIOS DOS ESCRITORES
POLAS TEAS E AS LAS DOS TECEDORES-


COMEZAMOS POR CREAR OS NOSOS "FOLIOS"
RECORTANDO FIELTRO, ALGO QUE FACEMOS XA FENOMENAL!

 

IMOS ESCRIBINDO O TEXTO DA CANCIÓN CON ROTUS DE TEA:

 

E REALIZAMOS MOLDES DAS IMAXES QUE 
QUEREMOS POÑER E OS COSEMOS!


ASÍ FOI COMO NOS QUEDOU 
A 1ª PÁXINA DO NOSO 1º LIBRO


QUEREMOS REMATALO PRONTO,
ASÍ QUE SEGUIREMOS COSENDO E CANTANDO...

6 comentarios:

  1. Moi Ben!!! Qué traballo mais bonito!! Por eso cantou a canción toda a tarde. Que recordos!! Moito a teño cantado eu!!SEGUIDE ASÍ TECEDORES!!! BICOSSSS

    ResponderEliminar
  2. OLA MARTA! COSEMOS, CANTAMOS E TOCAMOS INSTRUMENTOS PERO TEMOS QUE SEGUIR ENSAIANDO, POIS ISO DE TOCAR TODOS AO MESMO TEMPO, NON CHE É NADA DOADO!!!!
    SAUDIÑOS!!!

    ResponderEliminar
  3. QUE MARABILLA... COMO ME GUSTA!!!
    PARABÉNS TECEDORES...
    E CANDO ESTEADES PREPARADOS QUERO UNHA ENTRADA PARA ESCOITAROS E VEROS EN 1ª FILA!!!
    BIKIÑOS COCIÑEIR@S...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ESTAMOS APRENDEMOS A LETRA, INTENTAMOS TOCAR OS INSTRUMENTOS E COSER A CANCIÓN.......É MOITO TRABALLO PRA UN SÓ DÍA ASÍ QUE NON VOS PREOCUPEDES QUE CANDO ESTEMOS PREPARADOS, HABERÁ CONCERTO!!!!
      SAUDIÑOS MARÍA!!!

      Eliminar
  4. iiiQué buenísimo!!! iiMe encanta!! Me parece una idea genial.
    iCómo discurrís! De verdad te digo que las profes de infantil deberíais cobrar doble, icómo os lo curráis!

    ResponderEliminar
  5. QUE BEN SOA ESTO QUE DÍS INÉS, NON SEI SE A CONSELLERÍA ESTARÍA DE ACORDO? A VER QUE TAL NOS SAE ESTA NOVA SECCIÓN, TEMOS MOITA ILUSIÓN....POLO QUE DE SEGURO A IMPLICACIÓN SERÁ A MÁXIMA E CO TRABALLADORES QUE SON OS TECEDORES, O RESULTADO SEGURO QUE É POSITIVO E MOI BONITO.
    SAUDIÑOSSSSS!!!!!

    ResponderEliminar