jueves, 31 de mayo de 2012

ADIVIÑA...

IMOSVOS DAR UNHAS PISTAS
A VER SE ADIVIÑADES DE QUEN SE TRATA:



 PERO SE AINDA NON O TEDES CLARO, MÁIS PISTAS....


SÚPER FÁCIL, VERDADE?


OU NON?
( JE, JE )

miércoles, 30 de mayo de 2012

KOKOLEOKO

 "KOKOLEOKO"
É O TÍTULO DUNHA CANCIÓN AFRICANA
QUE NOS PRESENTOU CHISPITA...


ENSINOULLA A SÚA PRIMA (A ARAÑA DO SOL)
NUNHA DAS SÚAS VISITAS
AO DESERTO!


APROVEITAMOS A MELODÍA
PARA TOMAR CONTACTO CO XILÓFONO...


PERO O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI...


SE QUEREDES ESCOITAR ESTA E OUTRAS MOITAS CANCIÓNS NON DUBIDEDES EN FACERVOS CON ESTE LIBRO .....
"LA VUELTA AL MUNDO EN 25 CANCIONES"


PASARÉDELO XENIAL!!!!!

A CANTAR........!!!!!!!!!!


martes, 29 de mayo de 2012

MARAÑA E TERESA

NESTES ÚLTIMOS DÍAS ESTIVEMOS LENDO CONTOS
DA COLECCIÓN "BICHIÑOS CURIOSOS" DE BLUME

COÑECIMOS A.... ARAÑA MARAÑA E A ABELLA TERESA


DÚAS GRANDES TRABALLADORAS!!!

AO IGUAL QUE NÓS, QUE TRABALLAMOS MOITO ILUSTRANDO 
TODOS OS CONTOS QUE CONTAMOS!!!


CADA DÍA O FACEMOS MELLOR!!!!

lunes, 28 de mayo de 2012

CHISPITA DE CERCA!

NESTA FIN DE SEMANA ARANCHA ATOPOU 
UN LIBRO MOOOOI INTERESANTE...


"ANIMALES A TRAVÉS DEL ZOOM"

CON UNHAS IMAXES IMPRESIONANTES
(AS VECES TIÑAMOS QUE PECHAR OS OLLOS)

PERO NESTA REPORTAXE APRENDIMOS 
NOVAS COUSAS SOBRE CHISPITA...


COMO QUE OS PELOS QUE CUBREN O SEU CORPO
SE ROZAN O NOSO, SON COMO ESPIÑAS VENENOSAS!!!



TAMÉN COÑECIMOS A SÚA PRIMA, A ARAÑA DE SOL
QUE VIVE NO DESERTO, E É A MÁIS FEA DE TODA A FAMILIA

GRAZAS ARANCHA E FAMILIA POR COMPARTIR CON TOD@S NÓS
TANTA INFORMACIÓN DA NOSA TECEDORA!!!


viernes, 25 de mayo de 2012

A ÚLTIMA SORPRESA!

NO 

"TALLER DOS FIOS"

ESTAMOS A PREPARAR ESTES MATERIAIS: 


FIELTRO
FIO
AGULLA
E TESOURAS
PARA....


...TECER, QUEN SABE QUE???
(NOS PRÓXIMOS TALLERES MÁIS INFORMACIÓN)

O GATO DE LA

COÑECEDES O CONTO DO GATO DE LA?


NÓS A COÑECIMOS FAI UNS DÍAS...


"RELATA A HISTORIA DUN GATO QUE ESTÁ SÓ NA RÚA
E ESCOITA OS CHOROS DUNHA LUVA QUE SE ACABA DE
PERDER; O GATIÑO OFRÉCESE A BUSCAR A SÚA COMPAÑEIRA 
QUE ÍA NO PETO DUN ABRIGO GRIS...
POR MOITO QUE BUSCARON NON A ATOPARON,
A LUVA MOI TRISTE NON SABÍA QUE FACER E O GATIÑO
PROPÚXOLLE SER AMIGOS, A LUVA NON O TIÑA MOI CLARO , 
ONDE SE VIRA UN GATO CON LUVA?"
PERO O GATO TIÑA UNHA SOLUCIÓN....
CON AGULLA E FIO CONVERTIU A LUVA....
NUN GATIÑO!!!!
DESTE XEITO OS DOUS GATIÑOS SEMPRE FORON AMIGOS."


GUSTOUNOS MOITO ESTA HISTORIA TECEDORA,
E NÓS COMO TECEDORES, TECIMOS ESTES BONITOS DEBUXOS:




AGORA SE ALGUNHA VEZ PERDEDES UNHA LUVA, 
SÓ TEDES QUE TECER PARA CONVERTILA NUNHA BOA AMIGA!!!

jueves, 24 de mayo de 2012

DEPREDADORES

DEPREDADORES DE S.M
É UN LIBRO DE POP-UP
QUE HOXE NOS PRESENTOU
ÁLVARO MA.


XA QUEDAMOS ABRAIADOS
COA PRIMEIRA PÁXINA!!


CANTAS COUSAS QUE AINDA NON SABIAMOS 
SOBRE AS ARAÑAS APRENDEMOS...



INCLUSO FALA DAS MEDIDAS DAS ARAÑAS:


CÓNTANOS QUE A SÚA LONXITUDE É
DE 38 MM A 9 CM, PERO...
CANTO SERÁ ISO?




PARA SAIR DE DÚBIDAS COLLIMOS UNHA REGLA
E COMPROBAMOS:

38 MM: COMO O DEDO PEQUENO DE ARANCHA


9 CM: COMO A MAN DE IKER


ASÍ QUE SEN PENSALO MEDIMOS E PESAMOS A CHISPITA...


MIDE 12 CM E PESA 50 GR

GRAZAS ÁLVARO POR COMPARTIR CON TOD@S
ESTE LIBRO TAN INTERESANTE!!!
CANTAS COUSIÑAS NOVAS APRENDIMOS DE CHISPITA!!!!!




miércoles, 23 de mayo de 2012

AS ABELLAS NO XORNAL

 NO XORNAL TAMÉN 
ESTÁN AS ABELLAS !
E SE NON QUE LLO PREGUNTEN A NOELIA...


POIS NO XORNAL DO FIN DE SEMANA
PUBLICOUSE UNHA NOVA ESPECTACULAR 
SOBRE UN ENXAME ABELLAS!! 
 A FAMILIA DE NOELIA 
MANDOUNOLA PARA QUE 
TRABALLÁSEMOS CON ELA.


E ASÍ O FIXEMOS: LIMOS A NOVA, COMENTÁMOLA,
IMAXINAMOS QUE FARÍAMOS SE NOS OCURRISE A NÓS...
E POR ÚLTIMO DECIDIMOS QUE ERA O MÁIS IMPORTANTE 
DA NOVA PARA ESDRIBILO COMO TITULAR...

ESTES FORON ALGÚNS DOS QUE ESCRIBIMOS:



 DE APICULTORES A XORNALISTAS
DE XORNALISTAS  A TECEDORES....
NON PARAMOS!!!!


martes, 22 de mayo de 2012

A COLMEA FELIZ

E SEGUIMOS COAS ABELLAS!
SABEDES QUEN É O CARTEIRO
NOS DEBUXOS DA COLMEA FELIZ....

ATENTOS AO VÍDEO E LOGO FALAMOS!!!


CHISPITA!!!!! E AS ABELLAS 
QUE BOA AMIZADE!!!!!!!

lunes, 21 de mayo de 2012

A NOSA EXPERIENCIA COAS ABELLAS

      CON ESTE VÍDEO 
QUERÉMOSVOS AMOSAR
A EXPERIENCIA QUE VIVIMOS
COAS ABELLAS NA CASA QUE
 TEÑEN EN MEANGOS
(ABEGONDO)




MOITAS GRAZAS A CASA DAS ABELLAS POR TODAS AS
ATENCIÓNS QUE TIVERON CON NÓS!!

miércoles, 16 de mayo de 2012

A CASA DAS ABELLAS!!!!

HOXE SAIMOS DO COLE PARA IR.....
"A CASA DAS ABELLAS"


LEVAMOS MOITOS DÍAS CHEOS DE ILUSIÓN
E PENSO QUE A NINGÉN DEFRAUDOU!!!!


MIRADE TODO O QUE FIXEMOS:


CHEGAMOS TODOS XUNTOS E DIVIDÍMONOS EN ENXAMES
CADA UN CO SEU PAPAEL: RAÍÑAS, ZÁNGANOS E OBREIRAS


E RÁPIDAMENTE A LABOR....


APRENDIMOS UN MONTÓN DE COUSAS 
SOBRE A VIDA DAS ABELLAS 
E FIXEMOS UN TALLER DE ENVASADO


ELABORAMOS UNHA VELA COA CERA DAS ABELLAS


E PROBAMOS MEL EXTRAIDA DAS 
FLORES DOS EUCALIPTOS


UMMMM!!! ESTABA DELICIOSA!!!!


E O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI....
CONVERTIRNOS EN APICULTORES!!!!








MOITOS DE NÓS QUEREMOS SER APICULTORES DE MAIORES
GUSTOUNOS MOITO O TRABALLO CAS ABELLAS


E ADEMÁIS TROUXEMOS AGASALLOS 
PARA MOSTRAR AOS NOSOS PAPÁS!!!!


PERO PARA QUE VEXADES MOITO MELLOR TODO O QUE FIXEMOS
PRÓXIMAMENTE PUBLICAREMOS O VIDEO DESTA VISITA TAN DOCE!!!!