viernes, 21 de junio de 2013

DESPEDIDA

CHEGOU O MOMENTO 
DE DEIXAR DE TECER HISTORIAS
(POLO MOMENTO)
E QUERO FACELO CON 
ESTA "PATRI" TAN ESPECIAL...
(GRAZAS FAMILIA DE BRAIS, IMPRESIONANTE)


DESEXARVOS A TODOS  
@S TECEDORES
UNHAS BOAS VACACIÓNS,
POIS AS TEDES MÁIS QUE MERECIDAS!!!

PARABÉNS POR TODO O QUE 
ACADÁSTEDES ESTE CURSO!!!

E AGRADECER A TOD@S OS QUE VOS IMPLICÁSTEDES 
NESTE BLOG COS VOSOS COMENTARIOS,
MILLÓNS DE GRAZAS!!!

BO VERÁN PARA TOD@S E....
VÉMONOS DE NOVO EN SETEMBRO
CON MOITAS NOVAS HISTORIAS QUE TECER!!!!


DESAPARECIDA

CHEGOU O ÚLTIMO DÍA DO CURSO
E COMO NON PODÍA SER DE OUTRO XEITO,
ESTIVEMOS DE DESPEDIDA

DESPEDÍMONOS DAS NOSAS OVELLIÑAS:
DE BEEERTO, BEEEERTA, UMBEEERTO E....
AH!!!!!
FALTA REBEEECA, A MAMÁ!!!!


NON A ATOPAMOS POR NINGÚN SITIO,
E COMEZARON AS CAVILACIÓNS:

MARCHARÍA NO AUTOBÚS DE EXCURSIÓN?
ESTARÁ NA PRAIA?
OU PEOR AINDA, COMERÍAA O LOBO?

VAIA INCÓGNITA!
(GRAZAS NELLY E NAHIR POR COMPARTIR 
CON NÓS  A VOSA OVELLA)


jueves, 20 de junio de 2013

PERSONALIZAMOS

ESTA SEMANA NO

"TALLER DOS FIOS"

PERSONALIZAMOS 
CON ROTULADORES DE TEA
AS NOSAS CARPETAS DE 
BEEERTO E BEEERTA



POÑENDO OS NOSOS NOMES!


QUE GANAS TIÑAMOS DE LEVAR 
AS OVELLIÑAS PARA A CASA 

 

 E COMPARTILAS COA FAMILIA!


miércoles, 19 de junio de 2013

LISTO!!!

ATOPAMOS A TEA DE BORREGO E OS AXOUXERES!!!
ASÍ QUE PODEMOS CONTINUAR
CO NOSO TRABALLO
DE CONVERTIR UNHA MAN NUNHA.......

COLOCAMOS O BORREGO...


 NA PALMA DA MAN


COLOCÁMOSLLE NO PULGAR
O AXOUXERE!


E QUEDA PINTARLLE A CARA 
CON UN ROTULADOR NEGRO


 COMO NON PODÍA SER DE OUTRA MANEIRA
ESTAS OVELLIÑAS OCUPARON UN LUGAR 
PRIVILEXIADO NOS NOSOS TRABALLOS!!


DE UNHA MAN ...... A UNHA OVELLA!!!

martes, 18 de junio de 2013

PINTANDO!

COAS NOSAS MANS


FIXEMOS UNHA SILUETA QUE LOGO PICAMOS 



PARA.....

PINTAR, PINTAR
PINTAR SEN PARAR
MOLLAR, EXTENDER E VOLVE A EMPEZAR...


DESTE XEITO CONSEGUIREMOS...


OH!!!!! PERO AINDA NOS FALTA 
TEA DE BORREGO E AXOUXERES!!!
(ALGUÉN OS VIU POR AÍ, PRECISÁMOLOS CON URXENCIA)


lunes, 17 de junio de 2013

COMEZA A CONTA ATRÁS!

TAN SÓ QUEDA UNHA SEMANA DE CLASE
E PARECE QUE FOI ONTE
CANDO COMEZABA O CURSO...

POIS PARA COMEZAR A CONTA ATRÁS...
UN ENIGMA!!!!

QUE ESTAREMOS A FACER...


COAS NOSAS MANS?

viernes, 14 de junio de 2013

ESCOITAMOS

PREPARAMOS AS ORELLAS


POIS ESCOITÁBAMOS A UNHA OVELLA;
 O SON SAÍA DUN CONTO:


IMAXINADES CAL?

O DO SONS DA GRANXA
( QUE NOS TROUXO LOLA)

ESCOITAMOS ATENTAMENTE TODOS OS SONS 
PARA INTENTAR DISCRIMINAR
E QUE ALEGRÍA CANDO ESCOITAMOS


BEEE BEEE!
COMO COÑECEMOS O BALIDO DAS OVELLAS!!!

E CANTO NOS GUSTA XOGAR


A DESCUBRIR SONS
(AINDA QUE AS VECES SEXA UN POUQUIÑO COMPLICADO)


PERO MÁIS DIFICIL É  ESCRIBILOS....
O INTENTAMOS E....



ESTE FOI O RESULTADO!
NON ÍAMOS MAL ENCAMIÑADOS!


jueves, 13 de junio de 2013

ULTIMOS RECORTES

ESTA SEMANA NO 

"TALLER DOS FIOS"

ÚLTIMOS RECORTES!

ESTAMOS PREPARADOS PARA


RECORTAR CÍRCULOS NEGROS DE FIELTRO



E DESTE XEITO REMATAR O NOSO GRAN PROXECTO TECEDOR!



UNHA VEZ RECORTADOS TODOS OS CÍRCULOS...


COLLEMOS:

- O FIELTRO QUE COSEMOS CO FIO...


- A CABEZA DE BEEERTO E BEERTA...


- AS PATAS...


E PEGAMOS TODO NO LUGAR CORRESPONDENTE!

DESTE XEITO ELABORAMOS...


UNHAS CARPETAS DE OVELLIÑAS
PARA GARDAR TODO O QUE APRENDIMOS SOBRE 
AS NOSAS AMIGUIÑAS!

PERO OS CÍCULOS ONDE OS COLOCAMOS?
MOI FACIL, POR DETRÁS!


É O RABIÑO DE BEEERTO!

PASIÑO A PASIÑO
 FIXÉSTEDES UN GRAN TRABALLO
PARABÉNS TECEDORES
CHEGOU O MOMENTO DA RECOMPENSA!


miércoles, 12 de junio de 2013

NO XORNAL!

A SEMANA PASADA
REALIZAMOS UNHA SAÍDA
PARA COÑECER O MEDIO RURAL
(E VISITAR AS OVELLAS)

TRASLADÁMONOS ATA MERZA
PARA VIVIR UNHA NOVA EXPERIENCIA
QUE FOI RECOLLIDA POLO XORNAL
"FARO DE VIGO"

A FAMILIA DE VITO


FÍXONOS CHEGAR O ARTIGO DO XORNAL
Te cambio
el mandilón por
el mono de faena
Sesenta escolares de Sigüeiro visitan Vila de Cruces
 para conocer el estilo de vida rural.

E UNHAS FOTOS



AQUÍ VOLAS DEIXAMOS PARA QUE POIDADES 
DISFRUTAR DELAS E LEMBRAR
O ACONTECIDO ESA XORNADA

MOITAS GRAZAS BENITO!