ESTA SEMANA NO
"TALLER DOS FIOS"
PUBLICAMOS O PASO A PASO
PARA CONFECCIONAR
O DISFRACE DE LEÓN!
CONTAMOS COS SEGUINTES MATERIAIS:
- BOLSA MARRÓN ESCURO
- TIRAS DE BOLSA MARRÓN CLARO E LARANXA
-UN ANACO DE GOMA EVA
PRECISAMOS:
-TESOIRAS
-CINTA TRANSPARENTE DE EMBALAXE
-SILICONA FRÍA OU QUENTE
COMEZAMOS COLOCANDO A BOLSA MARRÓN ESCURO
COA PARTE PECHADA PARA ARRIBA
O PRIMEIRO QUE TEMOS QUE CORTAR
É O LARGO, O IDEAL SERÍA POLOS XEONLLOS
E O ANCHO SEGÚN A MEDIDA D@ NEN@
E PEGAR COA CINTA TRANSPARENTE O LATERAL.
AGORA CORTAMOS O ESCOTE E AS SISAS.
(E NON TIRAMOS A BOLSA SOBRANTE)
PARA NON FACER UN ESCOTE MOI GRANDE
E QUE LLE ENTRE BEN POLA CABEZA AO NEN@
PODESE FACER UN CORTE VERTICAL
POLA PARTE TRASEIRA DO TRAXE:
NA PARTE DE ABAIXO DO TRAXE
RECORTAREMOS FACENDO PICOS
A CONTINUACIÓN CORTAREMOS TIRAS
COS ANACOS DE BOLAS MARRÓN CLARO E LARANXA
QUE COLOREMOS AO REDOR DO ESCOTE
(TANTO POLA PARTE DIANTEIRA DO TRAXE COMO POLA TRASEIRA)
CON CINTA TRANSPARENTE DE EMBALAXE
ALTERNANDO AS CORES DAS TIRAS
O TRAXE XA ESTÁ REMATADO!
AGORA CONFECCIONAREMOS OS COMPLEMENTOS
COA BOLSA MARRÓN ESCURA SOBRANTE:
PARA FACER O RABO COLLEMOS A TIRA MÁIS ESTREITA
NELA, POLA PARTE PECHADA DA BOLSA,
PEGAREMOS TIRAS MARRÓNS CLARAS E LARANXAS
TAMÉN SE PODEN POÑER MARRÓN ESCURO
(POIS SOBRA LARGO DO RABO)
CORTAMOS AS TIRAS PARA QUE SEXAN MÁIS ESTREITAS
ENROSCAMOS E PEGAMOS CON CINTA TRANSPARENTE
DE EMBALAXE
PARA COLOCALA NA PARTE TRASEIRA
DO TRAXE
AGORA TAN SÓ NOS QUEDA FACER AS GARRAS
QUE LEVAREMOS NOS PÉS,
PARA ISO TEDES QUE RECORTAR
E COLOCALO ENRIBA DA PARTE SOBRANTE DO LARGO
DO TRAXE, A MÁIS ANCHA.
PARA FIXALAS PRECISAREDES SILICONA
SE NON TEDES, ACERCÁDEVOS ATA AS AULAS DE 5 ANOS
NA AULA ELABORAREMOS A MÁSCARA DE LEÓN!
SE TEDES CALQUER DÚBIDA
PASADE POLO COLE
E INTENTAREMOS RESOLVELA.
Moi ben e que graciosos van estar!!non lles da chegado o día..Graciñas e saudoss
ResponderEliminarXA QUEDA POUCO, A PARTIR DO LUNS...COMEZA O ENTROIDO NO COLE!!!!
EliminarSAUDIÑOS YOLANDA!
ola patri podo lebar os tacons pa luns
ResponderEliminarna mochila son uxia te quiero
SE ERES UNHA EXPERTA E ME PROMETRES QUE NON VAS CAER DELES, SEN PROBLEMA!!
EliminarSAUDIÑOS TECEDORA!!!
Moi útil o titorial. E de seguro que me pasarei a pegar esas gadoupas
ResponderEliminarSEN PROBLEMA INÉS, ESPERAMOS AS VOSAS GADOUPAS!!!
EliminarSAUDIÑOS!!
listo o disfrace, con este titorial mais xinxelo que as follas que mandastedes, van estar simpatiquisimos todos iguais menuda manda de feras,a ver quen e o que as doma.saudiños.
ResponderEliminarSEGURO QUE AS FOTOS APORTARON MELLOR A INFORMACIÓN, AINDA QUE NAS INSTRUCCIÓNS DE PAPEL INTENTAMOS EXPLICALO O MELLOR POSIBLE.
EliminarSAUDIÑOS FRAN!