miércoles, 22 de octubre de 2014

EXPERIMENTANDO COA AUGA

ÚLTIMAMENTE, COMO SABEDES,
ESTAMOS A FALAR UN MONTÓN SOBRE AS NUBES;
UNHA DAS NOSAS DÚBIDAS
SOLUCIONÁMOLA CON GOOGLE
PERO PRECISÁBAMOS ENTENDELO UN POUQUIÑO MELLOR

ASÍ QUE INTENTAMOS AVERIGUAR 
COMO SUBE A AUGA DO MAR
ATA AS NUBES:

PRECISAMOS: UNHA BOLSA TRANSPARENTE HERMÉTICA
                                                   AUGA
                                                   COLORANTE AZUL
                                                   ROTULADOR PERMANTE
                                                   CINTA ADHESIVA

1. COLLEMOS A BOLSA E DUXAMOS CO ROTU O MAR


2. ENCHEMOS DE AUGA ATA A MARCA DO ROTU



3. AÑADIMOS COLORANTE AZUL



4. PRECINTAMOS E A COLOCAMOS NUN LUGAR SOLEADO


 

MENTRES ESPERAMOS A VER QUE SUCEDE....
BOTAMOS UNHA OLLADA AO XORNAL,



E CAL FOI A NOSA SORPRESA
QUE A XORNADA QUE VIVIMOS ONTE TAN ESPECIAL
É UNHA DAS NOVAS DE HOXE!!!!



AINDA QUE TAMÉN ATOPAMOS OUTRAS NOVAS QUE
CHAMARON A NOSA ATENCIÓN:



 VESTIDOS DE FESTA ... E TAMÉN NUBES!!!!

POR CERTO, XA SE FORMARÍA A NOSA NUBE?



DESPOIS DE QUE O SOL QUENTARA A AUGA DO NOSO MAR....


TEMOS UNHA NUBE CHEIÑA DE GOTIÑAS DE AUGA!!!!!

CONSEGUIDO!!!!

12 comentarios:

  1. ALAAAA!!! que pasada, mira que nube máis feitiña fixestes, xa me estivo explicando Sara como se forman pero agora quedoume moitísimo mais claro. Moi ben TECEDORES!! moitos bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A NÓS TAMÉN NOS QUEDOU MÁIS CLARO, AS SÚAS CARAS DE ASOMBRO ERAN DO MELLOR!
      SAUDIÑOS MARTA!

      Eliminar
  2. Excelente chicos!!!maravillada co que aprendedes e nos tamen.
    Saudosss !!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. UN EXPERIMENTO SINXELO E XENIAL PARA ENTENDER O PROCESO, SE TEDES OS MATERIAIS NON DEIXEDES DE PROBAR....
      SAUDIÑOS YOLANDA!

      Eliminar
  3. Agora entendo como se forman as nubes!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. OLA LOLAAAAAA!
      ALÉGROME DE QUE DESTE XEITO O COMPRENDERAS,MELLOR OBSERVAR QUE MEMORIZAR!!!
      PARABÉNS LOLA POR ANIMARTE A COMENTAR!
      SAUDIÑOS!

      Eliminar
  4. Bo día tecedores, que experimento máis bo para coñecer como se forman as nubes. Pero coidado co que facedes, que xa sabedes como lle gustan as nubes quedarse na nosa terra. Saudiños tecedores.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. POIS DASE A CASUALIDADE DE QUE CANDO QUEREMOS SAIR A VER AS NUBES, O CEO ESTÁ COPLETAMENTE AZUL....JIJI
      SAUDIÑOS LOLY!

      Eliminar
  5. Pero que boas ideas tendes!
    Este fin de semana xa teño un encargo para a ventá.
    Moito argallades tecedores!!
    Biquiños.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. FACÉDEO QUE É MOI INTERESANTE, DE SEGURO VOS VAI GUSTAR!
      SAUDIÑOS ALICIA!

      Eliminar
  6. FRANCISCO BAHAMONDE23 de octubre de 2014, 22:47

    XENIAL,DEIXADESME ABRAIADO CANTO ESTADES APRENDENDO SOBRE AS NUBES,SAUDIÑOS.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. TAMÉN NÓS QUEDAMOS ABRAIADOS CO EXPERIMENTO, AO PRINCIPIO NON ENTENDÍAN ISO DE QUE DENTRO DUNHA BOLSA SE FORMASE UNHA NUBE....
      SAUDIÑOS FRAN!

      Eliminar