viernes, 18 de octubre de 2013

LOLA A EXPLORADORA!

LOLA, XUNTO COA SÚA FAMILIA
NON DEIXAN DE BUSCAR
A REBEEEEECA!

 ESCOITARON QUE:

"..... NUN MONTE MISTERIOSO, MEDIO ENFEITIZADO,
CHEO DE COVAS E BURATOS SEN FONDO NOS QUE,
SEGUNDO CONTA A LENDA, ALGUÉN SE ATREVEU
A METER UNHA CABRA ATADA A UNHA CORDA E
QUE, CANDO A LEVANTOU
NON QUEDABAN MÁIS QUE ÓSOS!!!"

CANDO ESCOITARON CABRA, PENSARON NA 
NOSA OVELLA PERDIDA,
NON CAERÍA NUN DESES BURATOS?

HABÍA QUE COMPROBALO E.....

COLLERON RUMBO AO PICO SACRO


UNHA MONTAÑA MOI, MOI ALTA!


CON BURATOS PROFUNDOS,
ONDE BUSCARON A REBEEECA!


POR SORTE, NO BURATO NON ESTABA, UF!

SEGUINDO A SÚA RUTA ATOPARON A MONTAÑA
PARTIDA EN DÚAS, SÍ, SÍ.....PARTIDA


PARECE SER QUE CANDO LOITABAN HÉRCULES 
EO XIGANTE (QUE ESTÁ ENTERRADO BAIXO A
"TORRE DE HÉRCULES" A CORUÑA) A ESPADA DESTE
BATEU NA MONTAÑA E PARTIU EN DOUS O SEU CUMIO!

CANTAS LENDAS AGOCHA O PICO SACRO!

E POR CERTO UNHAS VISTAS ESPECTACULARES!!!!

PARABÉNS LOLA EXPLORADORA!!!

GRAZAS UNHA VEZ MÁIS FAMILIA 
POLO VOSO INTERESE E POLA VOSA 
INCANSABLE COLABORACIÓN!

2 comentarios:

  1. É que andamos moi preocupados pola nosa Rebeeeeca. Hai que atopala axiña porque Beeerto e Beeerta estarán moi tristes.

    ResponderEliminar
  2. A VERDADE É QUE XA TEÑEN GANAS DE VER A SÚA MAMÁ OU POLO MENOS TER NOVAS DELA!
    SAUDIÑOS!

    ResponderEliminar