VAIA SORPRESA LEVAMOS HOXE
POLA MAÑÁ CANDO AARÓN CHEGOU
CON UN TREN MOI ESPECIAL!
UN TREN DE NADAL!!!
QUE LEDICIA AO VELO PASEAR POLA AULA MENTRES
SOABAN MELODÍAS DE COÑECIDAS PANXOLIÑAS!
OBSERVAMOS O TREN DE ARRIBA A ABAIXO
E DUN LADO A OUTRO,
CANTO NOS GUSTA ESTE TREN!!
MIRAMOS AS SUAS CORES, DESTACAN O VERMELLO E O VERDE
E SAÍMOS A PASEAR TODOS EN TREN A VER QUE ATOPABAMOS DE COR VERDE...
TODO ISTO FOI O QUE VIMOS:
DENDE ÁRBORES E HERBA
ATA PAPELEIRAS E CONTENEDORES
PERO O TREN TIVO QUE DEIXAR DE VIAXAR
POIS O TEMPO MANDOUNOS DE NOVO AO NOSO DESTINO INICIAL
ASÍ QUE CONTINUAMOS NA AULA NA BUSCA DE COUSAS VERDES
CANTANDO "UNHA CANCIÓN DE BUSCAR"
(MAMÁ CABRA)
E ATOPAMOS MOITAS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario