viernes, 2 de diciembre de 2011

POLO MUNDO...

BUSCANDO INFORMACIÓN EN INTERNET SOBRE AS ARAÑAS, VIMOS UNHAS IMAXES DE "SPIDERMAN", FOI ENTÓN CANDO UXÍO NOS DIXO QUE ERA UN HOME ARAÑA,  PERO PORQUE TIÑA ESE NOME TAN RARO????

CLARO, EN INGLÉS!!!!!!, INVESTIGANDO COMPRENDEMOS QUE SPIDER É ARAÑA EN INGLÉS, E NOS DEMAIS LUGARES DO MUNDO COMO SE DIRÁ???????


ACCEDEMOS AO TRADUCTOR DE GOOGLE E PASÁMOLO XENIAL INTENTANDO LER COMO SE DICÍA ARAÑA EN DISTINTOS IDIOMAS, ALGÚNS BASTANTE COMPLICADOS COMO O CHINÉS OU O XAPONÉS QUE AINDA NON SABEMOS COMO PRONUNCIALO...


NUN MAPAMUNDI ESCRIBIMOS ARAÑA EN DIFERENTES IDIOMAS E SITUANDO (MÁIS OU MENOS) ONDE SE FALA CADA UN DELES...

ESPAÑOL, INGLÉS, PORTUGUÉS, FRANCÉS, ITALIANO,AFRICANO, RUSO, CHINÉS, ARABE E XAPONÉS
POR CERTO, SEGUIMOS SEN SABER  DE CHISPITA, INTENTAMOS SEGUIR O CONSELLO DE SUNNY, E ESTAR O MÁIS CALADOS POSIBLE, PERO NON É UNHA TAREFA DOADA E ESTANOS A COSTAR UN POUCO.

ALGUÉN SABE DE CHISPITA????
AMAYA, MARCHOU CONTIGO??????

2 comentarios:

  1. CONMIGO NON MARCHOU... OU POLO MENOS EU NON A VIN POR NINGÚN LADO. AO MELLOR FOI DE VIAXE A VISITAR ÁS SÚAS AMIGAS ARAÑAS QUE TEN POLO MUNDO ENTEIRO, OU QUIZÁIS TIVO QUE IR VISITAR Á SÚA AVOA. PERO NON VOS PREOCUPEDES, QUE CHISPITA VOLVERÁ Á VOSA CLASE. AO MELLOR FOI BUSCAR COUSAS RARAS E INTERESANTES PARA QUE VOS INVESTIGUEDES... VÓS QUE PENSADES?

    UN BICO A TODOS!

    ResponderEliminar
  2. POIS SEGURO QUE TES RAZÓN,QUEDAMOS UN POUQIÑO MÁIS TRANQUILOS.
    A VER CON QUE NOS SORPRENDE CANDO A VOLVAMOS A VER.
    QUERÉMOSTE MOITO AMAYA
    MOITOS BICOSSSSSSSSSSS

    ResponderEliminar